jueves, 17 de octubre de 2013

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE PESCASUBMARINA POR CLUBS

                                 CADERNO DE BITÁCORA DO COSTA DA MORTE SUB
         XXXII CAMPEONATO DE ESPAÑA POR EQUIPOS DE PESCASUBMARINA LAS PALMAS (INGENIO)2013
Un dos  equipos do Costa da Morte sub partía a disputar o campionato de España de pesca submarina en augas de Canarias, este fin de semana. A praza obtida no campionato galego deixaba fora a outros favoritos  por pouca marxe ,tendo a honra de participar neste evento. Para poder chegar a disfrutar desta  experiencia houbo que moverse buscando patrocinadores pois  estábamos subencionados en parte e non dispoñiamos de capital. Grazas o apoio de Ferroatlántica , centro comercial Finisterrae , Daco , a FEGAS e a tenda Costa da morte sub a participación  foi posible . O equipo formámolo IVÁN COSTA GARCÍA , PEDRO SILVA CARBALLO e un servidor Arturo Pasantes Vidal.
   LUNS  Primeiro día  7/10/2013        O SOÑO EN MARCHA
   Solucionado o tema loxístico e financeiro , e solucionado o  amago de suspender o clubs local organizador Mague o campionato por falta de acordo ca FEDAS, puxémonos en marcha. Preparado todo de antemán  , cada cousiña que podíamos levar incluídos fusiles  de 105 ,110 ,  que non nos quedase nada e a documentación en regra dispuxémonos a embarcar na aventura, rumbo a Palma de Gran Canaria ao Campionato de España. Vuelo Coruña – Madrid – As Palmas chegada 23:00 h . O primeiro dos escollos  dásenos no aeroporto para embarcar os fusiles e as aletas como material de pesca submarina 60 eurazos nos limparon. Coche de alquiler no aeroporto e  avante. Grazas a  Pedro Silva previsor que levamos o gps si non viámonos  negros para dar co sitio. Obxetivo cenar primeiro claro cumplirle o capricho ao chaval nun Mc Donalds  hamburguesa con naggets  e coca cola e despois a soñar no hotel .Aparcar un problema na Palma sen pagar claro e como anécdota o mais cerca fomos atopalo diante dun puticlú que cousas chico. A estancia tiñámola nun estudio hotel Faycal a pé da Praia das Canteras. Quedábanos pendente o alquiler dunha lancha para poder ver  a zona de competición. Descansar que ao día  seguinte  tíñamos faena.
 MARTES  Segundo día   8/10/2013      ILUSIÓNS E CASTELOS
   Abre o día apenas peta a lus na fiestra , levantamos. Rasca o mar na praia que vemos desde a fiestra , día nubrado pero 24 grados. Baixamos almorzo tipo buffet e arrancamos cara Ingenio sede do Clube organizador.Temos un nº de tlf para negociar o tema da lancha . Enterámonos que estaban entre 100 euracos día aparte lancheiro local outros 80  , bufff pa  broma. Todo sería nejosiable .Chamamos e imos ala.Parte da mañán dando voltas  encontramos nun polígono unha nave de neumáticas,  Zurita chámase . Falamos co dono e os Canarios, que eu aínda non  o sabía , letra por un tubo tipo arxentino miña nai . Voluntá iso si pero ca redutora posta sempre unha hora mais tarde en todo . Acompáñannos a ver un par delas que nos din que nos las deixan sen problema sen custe.  Non tiñan aparatos nin sonda nin gps pero apañabámonos, de pinga nos salio non o podía crer. Caémoslle ben e quedamos nas mans dun tal Yeray xefe de ventas que nos fasilitaria o que fixera falta e que pola tardiña a lancha estaría no peirao deportivo.
Triunfamos,  aforramos cartos pero perdíamos un día de recoñecela zona. Pensamos como aproveitalo día e o mais proveitoso sería pescar, calcular tallas e experimentar sensacións , o mar de fondo, a  costa rompente.
Despois de  comer aljo e informarnos que había moitas zonas da illa onde non estaba permitida a pesca submarina,  intentamos localizar unha zona resgardada .O mar tiraba de carallo e desconfiabamos das correntes que podía haber. Bañaderos nos dixeron  unha zona a vinte tantos kms e no Puertillo podiámonos tirar, achegámonos o mais cerca da costa e nunha caliña vímolo ben. Armados cos fusiles largos para probalos e cos traxes de  5 mm cambiámonos tíñamos que sortear a rompente que batía na costa para poder saír . A primeira impresión a quentura da auga e a   visibilidade  cristalina  invitaba a facer inmersións fondas,  a constitución do terreno  de pedra limpa sen argazo , volcánica onde tíñamos que buscar as fisuras e os furados para encontrar o peixe . Falamos entre nos coméntamos o que vemos e nada válido pero temos que coller a talla das especies a maioría desconocida para nos . Eu levei unas gafas cunha cámara incorporada para gravar pero non se me adaptou moi ben e pouco gravou. Pedro localiza unas mantas que xogan entre elas e algún chucho que vemos pasar. Os sargos son pequenos,  vemos as famosas viejas pero non dan a talla roxas e grises . A corrente lévache si te deixas ir pero véncese, remonto e intento costear e curioseo todo que podo pero non se ve nada válido. En terra vexo os primeiros meros non chegan ao kilo e teñen que ter tres kilos para ser válidos,  capturo algún para estudar , algunha vieja e xa case de noite regreso. Pedro di que viu dúas lubinas en terra, boas ao saír. Iván disfrutou vino ben baixou cómodo uns    12m non tiña mais boia. Dentro do malo o día trampeámolo, tocamos auga e experimentamos cas especies as viejas capturadas estaban entre os 400 grs. Na cabeza pensei positivo, namentres  nos quedaban dous días para preparar zona eu calculaba que o peixe fose de  mais talla por ser mais bravo. A zona era unha das permitidas pero das mais bravas e a xente falaba que alí había mais peixe. Mañán saberiámolo .
CADERNO DE BITÁCORA DO COSTA DA MORTE SUB
XXXII CAMPEONATO DE ESPAÑA POR EQUIPOS DE PESCASUBMARINA LAS PALMAS (INGENIO)2013
Mércores terceiro  día 9/10/2013  Ansiedade
Do da lancha nin noticias e decidimos chamalo pola mañá. Nada coma sempre Tlf  ‘ hola buenas tardes Don Arturo mira no se han podido tramitar los papeles en el muelle deportivo pero a lo largo de la tarde  sen falta y a primera hora la lancha estará en el pantalán perdone y  muchas gracias “ Xa o tiña atravesado todo letra, repateame a xente que non cumpre. A vista do imprevisto decidimos acercarnos por terra, cara os peiraos industriais haber si por detrás podiamos adiviñar o aspecto da zona. Esta,  co nome da Isleta, é unha península dunhas 4 millas de costa na parte norte de Gran Canaria moi batida polo mar  e polos ventos de compoñente norte. Unha base militar no mais alto do promontorio, valado en todo seu perímetro primeiro no porto comercial e ao longo do monte impídenos acudir para contemplar o mar e a costa na zona de competición. Damos unhas voltas co coche ata chegar o extremo que se ve dende o hotel subimos e nunha aldea chamada as Coloradas divisamos a amplitude da costa. Encontramos un acceso e por camiños tortuosos de pedrejal  co OPEL ASTRA vemos mais de cerca a forza do mar. Seguíamos a espera de novas da lancha e cerca  da  unha da tarde chamamos de novo . Tlf   ‘  Don Yerai hola buenas mira como va el tema de la lancha . - Don Arturo perdone mire  estamos hasiendo todo lo posible y hoy no va ser posible temas burocráticos sabe. Máñana sin falta se la tendremos preparada a pie de pantalán a su entera disposisión perdone la molestia y gracias.
   Non nos justou nadiña, enveleneime si o collo diante !!! Pois nada en vista das zonas que se podía acceder por terra e as prohibidas preguntamos a un local unha zona para pescar . Mándannos dirección Agaete 40 km de onde estabamos  co vento que estaba caendo mellor que fora sitio abrijado. Nun dos carteis da estrada poñía Dedo de Dios, haber si nos tocou polo da sorte dijo. No sitio unhas vistas de mar calma, ajuas claras e cunha baixada de escaleiras no medio do acantilado, sen palabras nos deixou a  paisaxe. Pensando en positivo polo da lancha, xa que na zona de pesca non podíamos levar fusil aquí si que poidemos facer tiro. Adrenalina espesa , ajua 20 m de visibilidade e mais, pero peixe pouco . Fanse baixadas sobre os 20m pero nada pelado repaso a beirada e incluso descubro baixos fora que tiñan moi boa pinta e negativo . Disfrutar do entorno e seguir buscando . Intentaba saber as costumes das especies, primeiros peixes raros os trompetistas en grupos e deixábanse  apuntar. Eran especies non permitidas no campionato pero collín un para que o viran os compañeiros .Coincido con Pedro e dime que por fora non ve nada e  acercase a terra. Iván igual na rompente haber si aparece en terra algo de xeito. Continuo a base de aletas hasta as ultimas puntas que se ven ao lonxe dous varistas pescando e na aproximación por curiosidade miro que andan aos pescaditos  peixe de fritir. Decido volver, ca moral minada pola escasa vida e cun cansazo  nas pernas considerable. Xa  de volta vexo nasas , comas daquí da faneca e pensei ‘non deixaron nada. Da punta saindo cara fora vense sombras parecen baixos a 15 , 17 m . Na baixada subindo cara o cabezo uns bonitos dun par de kilos aljún maior  que me collen despistado, apareceron da nada e por querer coller o mais jordo fallo tiro.
 Xurei en Arameo  e aínda por riba non me ían crer. Jodido continuo e a pouco un peixaso na beirada dunha cova. Caíalle xusto por riba parecíame mero despois si vino ben era un Peixe Jlobo non sabía que faser e sen mais disparei para ensinarllo aos compañeiros . Buahh  unha loucura empesou a inflar coma cousa mala, cos ollos jrandes mirándome leveio pa terra.Cando conto o dos bonitos listados dime Iván, que está mais documentado, que lles chaman sierras unha pena o tiro. Co jolobo nada unha tunda subilo pa quitalas fotos. Pedro matara uns meros e un sarjo de pouco peso ,Iván unhas viejas, o seu primeiro mero e viu cría de pulpo  . Podíamos dicir que todos collemos meros de pouca talla pero meros . Estaba contento. O día aproveitámolo dentro do malo. Visto lo visto rondábanos pola cabeza e incluso o comentábamos, que si a pesca na zona era a mesma podíamos facer un cero na proba. Doíame a alma pensalo. Puxémonos en contacto co outro equipo galego Rubén ,Pita e Santamaría.  Quedamos, eles chegaron un día antes e levaban mirando zona dende o primeiro día. Dinnos que aínda non viran pezas válidas . Arrujóuseme a alma,os temores facíanse cada ves mais latentes. A que viñemos,imos volver cas orellas baixas . Falando con Andrés Pita dime que el fora a un de España individual no estreito e fixera cero pezas. Bueno pa desculpa valía pero jodería ijual a verjonsa. A tardiña tíñamos o primeiro contacto co clube organizador o Mague, na Ilustrísima Villa de   Ingenio,alí  veríamos aos primeiros contrincantes. Asistimos a entrega de  trofeos da federación Canaria e pinchos. Aproveitamos para sonsacar algunha información dos pescadores locais e dinnos que hai xente que ten marcados sitios con grandes pezas. Un tal Rayco que eu descoñecía, facía baixadas a 52 m. Retirámonos cara Las Palmas mais  que confundidos, o día deparáranos demasiados contratempos e íamos a contrareló. Aínda non miráramos zona e quedábanos un día. Bo sembrado para os pesadelos.
  CADERNO DE BITÁCORA DO COSTA DA MORTE SUB
XXXII CAMPEONATO DE ESPAÑA POR EQUIPOS DE PESCASUBMARINA LAS PALMAS (INGENIO)2013
Xoves cuarto  día 10/10/2013       Desesperasión sin marxe de manobra.
    A dous días do campionato encontrámonos sin lancha e sin coñecela zona onde se vai disputar. Madrujamos coma sempre que non viñemos de vacasións, as 9:00h   levantados coma clavos. Espabilamos para estar no muelle a primeira hora por si traen a lancha como nos dixera o Sr Yerai e  aproveitalo o único día o máximo posible pois o día antes do campionato non se pode recoñecela zona. Damos unhas voltas co Tom – Tom de Pedro para encontrala entrada pero as 10 estamos no sitio. Coma por todo barrera de parking, pensando nas horas de aparcamento que íamos meter alí dentro, outro sablaso. Visual por unha ducia de pantaláns e nin rastro da lancha, por localisala non tiña perda amarillo Canario chillón era de balde así que sin rechistar non puxemos pejas polo do color. Vemos aos primeiros equipos que están embarcando para recoñecela zona. Nos a espera, chamada Tlf.  “ Hola buenos días Sr Yerai.  Que tal meu chaval ?  El tema de la  lancha como va?  Estamos en el muelle y no la vemos .  – Buenos días Sr Arturo si mire la lancha debería  de estar en el muelle ya. No se preocupe hablaré con el mecánico y ya le llamo déjelo de mi cuenta. Ok
  Mi cajuna sapatilla colorada non hai con quen contar todo por non arriar o dólar. Xa me tiñan os canarios hasta as mismísimas, letra letra e a hora da verdá sero. Entretiñámonos falando cun  equipo da  federación de Murcia que arrancaban a facer outro recoñecemento de zona para non pensar na nosa penuria. Unhas voltas a pe e coincidimos co outro  equipo galego, todo o mundo ultimando menos nos que ainda non empezáramos. Dios eran as 13:30 e tíñamos que estar de regreso as 18:00 para facer a inscripción oficial. E nesto vemos pasar un remolque ca lancha Zurita amarilla por fín. A o outro lado da darsena dala de alta co papeleo e facer combustible. O mecánico conductor díxonos que o tal Yerai levara unha bronca do xefe por ternos abandonados que a lancha xa no la puideron dar antes. Bua xa non sei que crer.
  Arrancamos a ver zona por fin. A lancha 470 de 60cv valíanos pero non tiña aparatos nin sonda nin gps. Ansia de vela zona polo menos para localisar que rasa de peixe e de que talla  se movía por alí. Nada mais virar a escollera unha trapallada de la hostia, a impresión de que era un mar da costa con ombrada de resacada na escollera. Chejamos o sitio e impresiona polo Asul da ajua baixos por tódolos lados rompientes e sitios calmeiros tipo boleiras. Iván e eu tirámonos primeiro un abrijo e lojo nuns baixos, visibilidade como si miraras pola ventana,  unha correntada de medo. Non se poden levar fusiles na lancha para o reconosimiento de zona e as apneas xa eran fastidiadas no mismo furado e non éramos capaz de baixar  e o mar xojaba con nos nesa ajua. Oíramos que na zona límite Punta Confital era moi areado que non  tiña moita vida . Nos baixos non se vía tampouco peixes de talla unha morea que non daba os dous kilos e aljún meriño cativo. Acercámonos a terra e onde se vía aljunha lancha por si tiñan aljo marcado e en claro tamén nin rasa de espesies. Dúas horas de reconosimiento e non vimos peixe válido. Indo cara terra nuns baixos mais terreiros cas ajuas coma o cristal vimos unhas planchas dos restos dun barco, eles chamanlle a seca. Primeiras baixadas e un sarjo breado debaixo do restos,  iluminóuseme a cara continuo aljo mais e aljunha vieja e diante unha barracuda aparéseme apunteille co dedo e mataba si fora o día do campeonato , Iván víao ben facía baixadas boas e tamén me comentou de peixe que podía dar a talla . Na lancha co mar falso tiña que quedar ou Pedro ou eu pero eso xa o miraríamos .  Unhas 4 pezas válidas polo menos un alento para non desesperar e alonxar as pantasmas do sero e a desilusión. Pouco mais fixemos,  as 18:30 tíñamos que estar en Ingenio para que a Fedas fixera a presentasión do campionato e nos dera as normas e o dorsal. Chejamos dos últimos e no auditorio percatámonos da presenza de Pedro Carbonel e de Juán Fuentes . Xa estabamos metidos no medio da Élite, federacións de case toda España alí representadas. Falouse de normas e do horario no sijiente día disputábase o sub23 e un aberto do clube para quen quisera anotarse. Pola nosa parte despois da tunda das infanterías e da de hoxe mais mental que física tomariámolo día de descanso. Casualidá encontrar a Carlos Fajardo cKv artesanos que lle fixera as aletas a Iván facendo publisidá dos seus productos. Comer de Burguer e pa camiña dudamos si aproveitalo día ou descansar pero deixabámolo para as sensasións matutinas.
     4º   CADERNO DE BITÁCORA DO COSTA DA MORTE SUB
XXXII CAMPEONATO DE ESPAÑA POR EQUIPOS DE PESCASUBMARINA LAS PALMAS (INGENIO)2013
      Venres quinto  día 11/10/2013    O día previo.  Que facer ?

  Analisando como foi a semana quedábannos dúas cousas ir o mar a outra zona que non era a do campionato ou non ir e desconectar. Tiñámola lancha como si non a tiveramos, o quebradero de cabesa do Sr Yerai estaba resolto, alí quedou no pantalán atracada para o Sábado de campionato, este día decidimos descansar. Ala a jastalos cartos Centro comercial las Arenas e veña souvenirs. Comemos e na mente rondaban os fondos da costa  do único día que visitarámola zona de pesca. Entre nos, comentábamos a desilusión si quedabamos mal clasificados, despois de chejar hasta alí. En vista da pouca cousa  que víramos, sabíamos que ía estar difísil puntuar. En canto empesaran as lanchas daquí palí e os varillasos a pejar nas pedras os poucos furados e a ajua clara coma o cristal, o peixe desaparesería nun vira vira. Intentamos evadirnos non pensar pero era inevitable, pola tarde tíñamos decidido asistir a pesaxe do Open Magüe e do campionato de España sub 23. Os pesos eran diferentes válidos 350gr  e a zona tamén era outra. Janou un chaval valensiano de Castellón  Adrián Campos colleu 13 pezas  sejundo un balear e terseiro un vasco. Unhas pescatas que nos xa firmábamos,  tiñámola mosca detrás da orella pero bueno xa se vería. Picamos aljo que non faltaran as papas arrugás e o mojo . Aljunha foto pa posteridá con Jaime Heras  e conversamos  con Carlos Fajardo moi  ben sobre material de pesca artesano e  polo demais de retirada mañán tocaba diana sedo. Aínda paramos nun Outlet acabalas compras e dando a volta polo centro comercial topamos de casual co amijo Fajardo que o acompañaba a familia e un chaval da zona un tal Juán Baez. Decidimos tomar aljo e co bo rollo coma sempre e  coma libros abertos falamos das nosas anécdotas cómo estaban saindo as cousas dende a chejada a isla , que non prepararámola zona e dende a humildá que o víamos crudo. O Juán este dinos que el é da zona que lle vai de barquero a Juán Fuentes 100$ pola lancha e 80$ polas marcas. Había xente na isla que levaba duas semanas mirando zona. Moitos dos  participantes  levaban lancheros locais, os que aspiraban ao título claro. O deles era unha pesca mais profundista  25 a 35 m e entre clara e servesa imoslle quitando aljo ten  marcas a pouca ajua que eles non van tocar unha xa era a nosa a das planchas do barco.  Comenta que nun triángulo  de pouca distansia entre marcas  podíamos coller unhas pezas que podían dar a talla, na orilla que para eles é de 0 m a 25m. En pouca ajua na rompiente, falaban eles de que era un mar moi falso que non avisaba pero que se podía facer unha pescata, que lle había que poñer valor.O bo de Juán desvela aljún sitiño que nos ven ao pelo e que a eles non lle afecta.  Aínda non estaba moi claro  pido un boli e díjolle que no lo marque nun  papel anque fora na servilleta do bar a nos valíanos. Dinos si víramos o barco afundido que se encontraba entre 6 e 25m  e onde podíamos coller aljunha vieja  na seca onde vira  a barracuda que podían verse ajullas e petos e un motor de outro barco que estaba en terra con furados que podía caer aljún muxo. Dounos aljo de esperansa, os últimos postos que tanto nos rondaban a cabesa a sensasión de non cumprir e faselo mal a presión de defraudar a xente que nos apoiara e ao final do túnel víamos aljo de lus. Tíñamos que dar o callo e non estaba fásil . Despedímonos deles fixemos boas amistades canarias ao final hai de todo coma en todos lados. Arrancamos contentos xa o veríamos mañán.    La suerte estaba echada.

         5º   CADERNO DE BITÁCORA DO COSTA DA MORTE SUB
XXXII CAMPEONATO DE ESPAÑA POR EQUIPOS DE PESCASUBMARINA LAS PALMAS (INGENIO)2013
      SÁBADO  día 12/10/2013         E POR FÍN
 Chejou o día, quen o ía dicir que íamos participar nun campionato de España  e no que para  nos era un honor representar a Galicia e a Costa da Morte.  A peor noite de todas apenas pechamos os ollos nervios e jaleo na rúa e sensasións non moi boas  as 6:30 am madrujamos . Querían estar no muelle as 8 da maña para dar a saída as 9:00 pero coma sempre retrasase. En todo día anterior non virámola lancha haber si non estaba no sitio onde a deixaramos, solo nos faltaba eso. A pe de peirao cambiámonos  non había ninguén e aínda non abrira o día e tiñan que poñelas lanchas no mar. A rampa non se podía aceder por temas de papeleo de autorización entre policías portuarios,  administración e a Fedas. Coma sempre hasta 9:00 non arrancamos da dársena. Medios de comunicación e comentarios entre os participantes e con  Pedro Carbonell que oficialmente deixara de competir comentábamos  o absurdo da burocracia. Arranxados cos traxes  e todo en orden facemos unha reunión de saída e ca tele filmando enfilamos a zona de pesca. A lancha de Juán Baez non aparecía por ningún lado non nos  enganaría o individuo do mapa da servilleta ? Sen aparatos abordo e co pouco visto a servilleta plastificada era o noso único GPS. Quedaramos en que o pasar ao par da Esfinge marcada no plano nos faría unha sinal. Saíndo de porto na navegación salta a mangueira da gasofa e páranos o motor. Xa sabiamos do fallo e sen novedá continuamos.O equipo de Rubén , Santamaría e Pita tamén nos sinalan unha zona que podíamos tocar. Ao lio 9:30 a Fedas da a saída as 15:00h todos no punto de encontro  os nervios aparcados toca pescar. Vemos a lancha de Juán Baez que nos di si estamos ok.Nos non miramos pa ninguén  as  lanchas dos bos que os sijan quen queira, a nosa estratexia estaba clara nada de dar voltas tres puntos e a escudriñalos eso era o noso triángulo. Pedro Silva a bordo e Iván e eu a pescar a primeira hora. Dirixímonos cara o barco da Esfinge sen saber o fondo a que se encontra e estes como din que a orilla son 25m daba un pouco de desconfianza. Levabamos fusiles que xa probáramos de 110 e 105 indispensables ca claridade destas ajuas e donados pola tenda Costa da Morte do noso Pedro Loureiro. A un fondo de entre 10, 15 ou 20m facemos caídas no pecio vendo as primeiras pezas escurridizas acostumamos as apneas e o  barco está alí. Nunha das baixadas na sombra das planchas do costado do barco un peixe raro vermello cos ollos jrandes tipo palometa roja podía dar a talla pero non sabía si estaba permitido, disparo e collo non vaia ser. Enséñollo a Iván, o noso documentado de abordo, e dime que é unha Catalufa buah coma pa recordar o nome díjolle si e válido e dime que si que se podía pescar.A primeira hora era crusial estaban aínda sen embalar. Collo unha Vieja a cousa era que pensabamos que a cero xa non quedariamos . Estou pendente do compañeiro que fai baixadas a 15m vexo que dispara e falla dime que eso que foi unha Vieja tamén avisáronnos de que eran peixes que rompían moi fácil. Os tiros nas planchas do barco sentíanse no outro lado da isla. Revisamos furados caídas e  esperas e nada de xeito.  Fago unha baixada por si quedara por alí ferida ante a atenta mirada de Iván e no límite da apnea aparéceme un atún chamados Sierras aquí. Nadan moi rápido e mantéñense na marxe da seguridade do tiro, disparo e dálle tempo a esquivar a varilla maldita sexa. Nunha hora  quedou aquilo mais deserto do que estaba, o planteamiento sería volver mais tarde mirar si entrara peixe de novo. Facemos un cambio e quedo eu a bordo eles tíranse na seca cunha rompiente considerable que desconfiando dela apenas che deixaba arrimar. A marea tiñámola controlada as 08:00h am pleamar e baixamar as 14:00h pm ca marea cambiada non estaba pa nos. Fasemos un cambio e non se matou pesa, cambiamos cara terriña a zona do motor varado alí na boleira rasca de carallo e o mar si te descuidas méteche en terra firme nun plis plas. A ajua coma o cristal. Ao noso Iván empézalle a doer un oído e queda comijo na lancha. Pedro Silva pesca solo. Nada o xenio cómeme a marea escorrendo e unha brisa canaria co sol radiante invitan a que na lancha non podo estar, e xa que Pedro costeaba a rompiente . Tiña que improvisar Iván nunca pilotou unha lancha, teño que impartirlle un curso aselerado de patrón,pensei. A seguridade o primeiro e cos baixos que de ves en cando descubrían, custábame deixalo solo abordo, con 18 anos recién cumpridos creo que viviu unha boa experiencia. Hasta que supo embrajar e desembrajar darlle adiante e atrás e levarme ao sitio non lle dín o mando. Deixeino nunha zona de fondo avisando de que non se acercara a terra. Mais o impetu que a cabeza nada Pedro dí que vío Lisas na rompiente pero imposibles aljunha Vieja boa pero nada. Arrancamos  e volvemos para o barco as horas pasan e pouco mais levamos. No barco as Viejas estudarían latín  mentres estivemos fora e nin asercarse. Co mar baixo de todo e sendo as 13:30h pm tocámolo baixo da Seca, tírome doulle a volta e entro polo medio nin a punta do fusil se vía no medio do blancallo. Uns cataláns sin a boia pescaban na veira da rompiente na mente o que comentaban os canarios “Ojito que aquí no avisa la ola, no es como en Galicia” Pa dentro abríjame a laxa de fora e no medio unha correntada que chupaba. Clarea e unha manada de Lebranchos ou lisas  pásanme diante. O catalán sin boia debaixo miña non se acerca, pois nada pa dentro si el non llos mete eu si. Unha entrada e vexo peixe blanco disparo e aljo ven na varilla  menease no medio da corriente desesperábame perdelo un muxaso de 1kg. Carne dura e polo rabo, Dios que alejría levo pa boia e outra entrada fallo un ou dous tiros jodido apuntar ben. Aviso a Pedro que se tirara e  Iván tocáballe quedar na lancha no medio dos baixos e pensaba nel. Outra entrada e outro muxaso  mima, Pedro ao par de fora pa dentro colle  tamén un bo. Houbo un momento  onde non nos víamos e podíamonos dar andivemos con ollo. Iván dando voltas co motor para non ir a deriva das pedras facía suficiente ruído para telos nese carreiro. Xa lle collera o truco a lancha. Diante dos fuciños líscaseme un Sarjo que podía dar a talla cajeime en todo e pouco mais puidemos facer no pítido final. Acabouse a proba cando tiña que empesar.
   Bueno alá vai a nosa aventura e contentos polas pezas que fixemos unhas  8 si daban todas. Falamos co resto de pescadores mais ou menos por ahí. O final vimos a pescata de Rayco cun xurelo de 6 kg e abades de tres e catro kilos 13 pezas en total  non salíu ningún mero. E que mais,  Pedro Carbonel a 200 puntos quedou 13º, o equipo do amijaso Juán 10º o outro equipo galego 8º que puido ser mellor si non lle escapara a Santamaría un Pejerrey de bo tamaño que podía aupalos ao terceiro posto. En resumen catro equipos canarios entre os 10 primeiros dio todo e nos nun meritorio 15º posto. Ca semaniña que leváramos non houbo queixa todo un éxito, mellorable iso si e sejimos disfrutando de este deporte e coñecendo xente que o vive coma nos que en definitiva é o que importa aparte de non levar un jolpe.
  Ajradecer aos patrocinadores Ferroatlántica, Daco , Centro comercial Finisterrae e como non a tenda Costa da Morte Sub que no nome do noso clube fixeron posible  esta participación. Sres verémonos noutras lides. Adeus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario